Inicio Qué é AGX?

Qué é AGX?

A AGX nace como asociación en 1995 na Faculdade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, co propósito de promover o alemán en todos os ámbitos da sociedade galega e a súa implantación en todos os niveis educativos do sistema público.

A AGX é hoxe membro da FAGE (Federación de Asociaciones de Germanistas de España) e da IDV (Asociación internacional de profesores de alemán).

Os eixos máis relevantes de operación da asociación son a formación continuada do profesorado, a oferta de cursos piloto, de horas de cata ou Schnupperstunden de alemán nos centros públicos e o desenvolvemento de campañas de publicidade.

Schnupperstunden
É unha hora de “degustación” de alemán. Durante o horario lectivo, unha persoa da AGX achégase ao centro educativo interesado e dá unha mostra de clase de alemán, na que se pretende motivar o alumnado cara á aprendizaxe desta lingua. A "clase mostra" ou Schnupperstunde pretende partir dos intereses e coñecementos (anque inconscientes) do alumnado sobre a cultura e lingua alemá, presentar a aprendizaxe deste idioma dunha maneira lúdica e atractiva e permitir que o alumnado vexa, sinta, escoite e saboree esta lingua.

Obxectivo: difusión e asentamento nos institutos de secundaria
Destinatarios: CPIs e IES para animar aos alumnos a que elixan alemán como 2ª lingua estranxeira nos institutos
Formato: sesións únicas de iniciación á lingua alemá

Cursos piloto
É un curso de iniciación á lingua alemá que se imparte en horario extraescolar normalmente durante 12 sesións. Normalmente faise naqueles centros de primaria que están adscritos a un IES no que hai alemán na oferta educativa, mais tamén naqueles centros de primaria, secundaria ou FP nos que se amosa un interés concreto en implantar esta lingua na súa oferta educativa.

Obxectivo: difundir o alemán no ensino e acadar a súa presenza nos plans de estudos
Destinatarios: primaria, secundaria e FP
Formato: 18 horas lectivas en horario extraescolar e distribución variable

 

 
bilgi Jandarma Kuvvetleri S4League Egitim Teknoloji Server Tanitim Din Guncel Elektronik film download Bilgisayar download smf Karma Online
Chicago seo consultants